Proxectos de investigación
Co fin de fomentar o traballo en grupo, desenvolver a curiosidade e practicar o método científico realizamos diversos proxectos de investigación sobre temas de ciencia, tecnoloxía, música, lingua…na nosa Asociación de Xóvenes Investigadores do Colexio Alborada, AXICA.
Con estes proxectos participamos en expociencias nacionais como GALICIENCIA (Ourense), MAGMA RECERCA (Barcelona),en Palencia, Oviedo…e outras internacionais como a celebrada en Lisboa, sendo galardonados en numerosas ocasións.
No mes de maio organizamos un FORO INTERCOMUNITARIO con outros colexios de Galicia, Cataluña e País Vasco para que os alumnos presenten ponencias sobre as súas investigacións ante aos seus iguais e compartan dúas xornadas de convivenza.
No remate do curso, celebramos nas nosas instalación a ALBORCIENCIA para gusto e disfrute de alumnos, familias, vecinos…na que exponemos o traballado durante todo o curso e participamos en charlas e e obradoiros de ciencia máxica e divertida.
Cos proxectos máis relevantes elaboramos “blogs” que presentamos ao concurso nacional ESDELIBRO.ES e donde, tamén, recollimos premios en varias ocasións