Educación infantil
O alumnado de infantil, por comodidade, para poder desenvolver a súa autonomía e as distintas habilidades motrices, utilizará o chándal e o mandilón ao longo de todo o curso.
O uniforme deportivo adáptase á temperatura estacional ao gusto do alumnado e das súas familias.
- Chándal regulamentario: sudadeira, pantalón curto (bermuda) ou longo.
- Camiseta branca de manga curta co logo do Colexio.
- Camiseta co logo do Colexio de manga curta ou longa ou xerseis de cuello volto brancos. Non están permitidas as camisetas brancas que leven debuxos ou publicidade.
- Calcetíns brancos.
- Zapatillas deportivas brancas de belcro.
Mandilón
Mandilón de fondo azul turquesa, coas mangas e o bolsillo amarelo, con botóns grandes laranxas e a serigrafía da xirafa no lateral, sen pescozo nin cinturón. Ten que levar una cinta de 20 cm. no pescozo para podelo colgar no percheiro. Ten que levar o nome na parte dianteira.
Os usuarios do servizo de “COMEDOR” deberán vestir o mandilón branco de raias verdes para protexer o uniforme e ser identificados con máis facilidade
Outros
- Roupa de abrigo: a que desexe, sempre que sexa cómoda. Pode traer bufandas, gorros e viseiras co seu nome marcado.
- Roupa de reposto: calcetíns, pantalón, camiseta e roupa interior. Ten que vir nunha bolsa plástica con nome.
- Mochilas: pequenas e SEN rodas.
Agradecemos que no momento no que xurda unha situación puntual que impida ao alumnado traer esta vestimenta, nolo comuniquedes cunha notiña.
TODA A ROUPA DEBE VIR MARCADA CO NOME E APELIDOS DESDE O PRIMEIRO DÍA.
EDUCACIÓN PRIMARIA
UNIFORME DE AULA
Pantalón gris escuro para nenos e nenas, saia “ kilt” a cadros verdes (nenas), polo ou camisa branca e xersei de pescozo en pico e de cor verde botella ou sudadeira verde co logo do colexio. Zapatos escolares (non zapatilla deportiva) ou botas de cor negro e calcetíns ou medias verde botella.
A partires do curso 2025-26 xa non se usará o xersei de pico e será obrigatorio o uso da sudadeira do colexio.
UNIFORME DEPORTIVO
Será de uso obrigatorio todos os días dos meses de setembro e xuño. Durante o resto do curso utilizarase os días de Ed. Física e para saídas á contorna.
O CHÁNDAL adáptase á temperatura estacional ao gusto do alumnado.
- Chándal regulamentario: chaqueta de chándal, pantalón curto (bermuda) ou longo. O uso da sudadeira verde do uniforme de calle non está permitido co chándal do colexio.
- Camiseta branca de manga curta ou longa co logo do Colexio. Non están permitidas as camisetas brancas que leven debuxos ou publicidade, nin levar polo nin camisa.
- Calcetíns brancos
- Zapatillas deportivas brancas
UNIFORME DE EDUCACIÓN FÍSICA
- Calquera das opcións mencionadas no apartado anterior.
- Recoméndase utilizar calzado deportivo axeitado, sen plataformas e con boa suxeción do pé.
- Bolsiña de aseo.
MANDILÓN
- Usarase nos cursos de 1º. 2º, 3º e 4º E.P.
- De raias vermellas e brancas anchas, de pescozo redondo, con puño, botóns e dous bolsillos, sen cinturón. Ten que levar una cinta de 20 cm. no pescozo para podelo colgar no percheiro. Ten que levar o nome na parte dianteira.
- Os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, terán un segundo mandilón para o uso no comedor escolar que será branco de raias verdes para protexer o uniforme e ser identificados con máis facilidade.
OUTROS
- Roupa de abrigo: a que desexe, sempre que sexa cómoda. Pode traer bufandas, luvas, gorros e viseiras co seu nome.
Agradecemos que no momento que xurda unha situación puntual que impida ao alumnado traer esta vestimenta, nos lo comuniquedes cunha notiña na axenda escolar.
TODA A ROUPA DEBE VIR MARCADA CO NOME E APELIDOS DESDE O PRIMEIRO DÍA
EDUCACIÓN SECUNDARIA
UNIFORME DE AULA
Só para o alumnado de 1º e 2º de Ed. Secundaria. Pantalón gris escuro (nenos e nenas), saia “ kilt” a cadros verdes (nenas), polo ou camisa branca e xersei de pico de cor verde botella ou sudadeira verde co logo do colexio. Zapatos escolares (non zapatillas deportivas) ou botas de cor negra e calcetíns verde botella.
O alumnado de 3º e 4º de Ed. Secundaria non utilizarán UNIFORME DE AULA. A súa vestimenta deberá ser AXEITADA para a asistencia ao Centro Escolar, non estando permitidos os distintivos identificativos de “bandas” ou grupos organizados, nin aqueles complementos que poidan atentar contra a súa seguridade ou a dos seus/súas compañeiros/as.
A partires do curso 2025-26 xa non se usará o xersei de pico e será obrigatorio o uso da sudadeira do colexio.
UNIFORME DEPORTIVO
Será de uso obrigatorio todos os días dos meses de setembro e xuño de 1º a 3º ESO. Durante o resto do curso utilizarase os días de Ed. Física desde 1º a 4º ESO.
O CHÁNDAL ou UNIFORME DEPORTIVO se adapta á temperatura estacional ao gusto do alumnado e da súa familia.
- Chándal regulamentario: chaqueta de chándal, pantalón curto (bermuda) ou longo. O uso da sudadeira verde do uniforme de calle non está permitido co chándal do colexio.
- Camiseta branca de manga curta ou longa co logo do Colexio. Non están permitidas as camisetas que leven debuxos ou publicidade, nin usar polos ou camisas.
- Calcetíns brancos
- Zapatillas deportivas brancas.
OUTROS
Roupa de abrigo: a que desexe, sempre que sexa cómoda. Pode traer bufandas, luvas, gorros e viseiras co seu nome.
Non se pode cortar o longo da bermuda. Non é un “short”, é un pantalón deportivo cómodo para facer deporte escolar.
Agradecemos que no momento que xurda unha situación puntual que impida ao alumnado traer esta vestimenta, nos lo comuniquedes cunha notiña na axenda (1º e 2º ESO).
TODA A ROUPA DEBE VIR MARCADA CO NOME E APELIDOS DESDE O PRIMEIRO DÍA