EDUCACIÓN INFANTIL

MERENDA

@s alumn@s de Educación Infantil tomarán a merenda na clase despois do primeiro recreo. Co fin de que coman de todo e así habitual@s a unha dieta variada, as merendas deben constar de:
LUNS – Lácteos MARTES – Galletas MÉRCORES – Bocadillo XOVES – Froita VENRES – Libre

AXENDAS

Na etapa de Educación Infantil, as axendas escolares, só se enviarán cando se comunica algo ás familias. Unha vez recibida hai que asinala e devolvela ao día seguinte @ titor@. As axendas, nesta etapa, sempre están baixo a custodia d@ titor@.

UNIFORME ESCOLAR

Poden consultar o uniforme de cada curso no apartado UNIFORME ESCOLAR desta páxina web.

NORMAS NA ENTRADA E NA SAÍDA

@s alumn@s accederán ás aulas, con puntualidade (8,40 h.), polo hall do edificio de Infantil:

  • Ás familias deixarán @ nen@ no hall de Infantil, baixo a vixilancia do profesor/a de garda, e deberán abandonar o Centro Escolar.
  • Ás 8,45 h. pecharase o portalón.
  • Desde as 8,45 (hora de peche do portalón) ata as 8,55 h. NON se permitirá o acceso d@s alumn@s que chegan tarde ao colexio.
  • @s alumn@s non poderán saír do centro durante o horario escolar, excepto por causas xustificadas. O adulto deberá cubrir o parte de recollida na secretaría do centro.
  • @s alumn@s, unha vez recollidos pola familia, aínda que permanezan nas dependencias do colexio, estarán baixo a vixilancia e responsabilidade da familia e non do Centro Escolar.

SANCIÓNS POR IMPUNTUALIDADE

Á terceira falta de puntualidade no mesmo trimestre comunicarase á familia que no seguinte retraso @ alumn@ non poderá acceder á aula ata o cambio de clase (9,30 horas) facéndose cargo del@, ata ese momento, a súa familia.

NORMAS NAS SAÍDAS

  • VESTIMENTA: Nas saídas @s alumn@s de INFANIL levarán obritoriamente o uniforme.
  • COMIDA: Nas saídas de xornada completa os alumn@s terán que levar a súa propia comida perfectamente clasificada e etiquetada; para diferenciar a merenda da comida. Non está permitido levar: cóitelos, bebidas edulcoradas, latas, obxectos de vidro, etc.
  • PERMISOS: A principio de curso @s pais/nais d@s alumn@s deberán asinar a autorización para estas actividades. No caso de realizar algunha actividade que precise de permiso especial, este enviaráselle previamente ás familias.
  • INFORMACIÓN SOBRE AS SAÍDAS: toda a información sobre ás saídas estará á vosa disposición no:
    • Blog de infantil: alboradainfantil.blogspot.com
    • Na porta de infantil