PREMIOS ESDELIBRO.ES
O 13 de xuño, catro alumnos de 1º e 2º ESO acompañados por dous mestres viaxaron a Madrid para recoller o PREMIO do concurso ESDELIBRO.ES organizado por CEDRO.
Realizaron un proxecto de investigación sobre a clasificación e diagnóstico dos plásticos recollidos na praia de Vilariño que podedes ver no noso blog de ciencias.
Disfrutaron dunha experiencia única na Real Academia da Lengua Española rodeados doutros cinco equipos de colexios de toda España e comprenderon a importancia do esforzo, o traballo en equipo, os dereitos de autor…
Podedes ver o vídeo premendo no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=iIr7nJluy1g
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!