O día 23 de abril ás 9.30 h. sonou o timbre sen parar porque comezaba a “Acampada Lectora” así que, tiramos as nosas almofadas ao chan e collimos as lanternas porque os profes apagaron as luces e pecharon as persianas. Foi un momento moi especial para celebrar o Día do LIBRO.
Prema no seguinte enlace para acceder ao documento coa listaxe provisional de admitidos para o curso 2019-20. Listaxe provisional admitidos
Hoxe e mañá, dez alumnos e alumnas de ESO do noso cole están a participar na XXIII reunión científica de Extremadura onde se xuntan centros de Extremadura e outras partes de España para expoñer os seus traballos. Aquí tedes algunhas fotos.
O pasado mércores tivemos unha xuntanza para falar sobre o xogo en línea FORTNITE. O ponente foi Rafael Martínez Polo, profesor especialista en TIC e redes sociais.
O mércores 3 de abril 4º EP visitou TELEVIGO. Pásamolo xenial no plató virtual!