Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020. http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

O alumnado de 3º e 4º ESO acompañou aos alumnos de intercambio finlandeses a unha clase de surf en Patos. Velaquí o resultado da xornada tan divertida que viviron.  

Falemos como galegos!

Tivemos a gran sorte de que polo día das Letras Galegas visitounos Ledicia Costas, a autora dos nosos libros de este ano da clase de Lingua Galega. Tamén tivemos que compoñer a biografía de Antonio Fraguas buscando a información nos pósters da súa biografía.

Os pasados luns, martes e mércores, do 13 ao 15 de maio de 3º a 6º de E. Primaria fomos de campamento á Granxa KIRIKO. Alí vivimos un montón de aventuras. Este é o noso resumo! Que ben o pasamos!