,

Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil

Os días 22, 23 e 24 de novembro, terá lugar o VIII Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil, na Escola de Enxeñeiría Industrial da Universidade de Vigo, na rúa Conde de Torrecedeira 86, Vigo.

A iniciativa está promovida polo Colexio Alborada – Claimo s. coop. galega  de Vigo e o Institut El Cairat de Barcelona, e colaboran na organización o Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) e aUnión de Cooperativas EspazoCoop. 

Contará coa participación de máis de 70 escolares de educación secundaria e o último ciclo de primaria, pertencentes a 9 centros de ensino de Galicia e Cataluña, dos cales 3 son colexios cooperativos asociados á Unión de Cooperativas EspazoCoop, participan os centros :

  • Colexio Alborada – Claimo S. Coop. Galega | Vigo – Pontevedra
  • Colexio Santiago Apóstol S. Coop. Galega | Soutomaior – A Coruña
  • Colexio Possumus S. Coop. Galega | Vigo – Pontevedra
  • Institut el Cairat | Esparreguera – Barcelona
  • IES David Buján | Cambre – A Coruña
  • IES Ortigueira | Ortigueira – A Coruña
  • Escola Bertran | Sabadell – Barcelona
  • CPR Uxío Novoneyra | Seoane do Courel – Lugo
  • IES Ramón María Aller Ulloa | Lalín – Pontevedra

Este foro naceu pola iniciativa dos propios centros de ensino, entre os que se atopan cooperativas de ensino, buscando a promoción da investigación, o traballo en equipo, o intercambio, e a divulgación entre o alumnado para adquirir as competencias básicas e motivalo no estudo práctico das ciencias experimentais, humanísticas, lingüísticas, etc., ademais de divulgar esta experiencia á comunidade escolar e estimulala a que se sume a este tipo de actividades.

E que outros obxetivos ten?

–  Potenciar a investigación das alumnas e alumnos de secundaria e metodoloxías que promovan a análise, a creatividade e o inxeñio do alumnado.
– Fomentar a investigación como metodoloxía.
– Impulsar a difusión do seus resultados e a comunicación da ciencia.
– Introducir dinámicas que potencien o interese pola ciencia en xeral.
– Propiciar o acercamento das diferentes comunidades autónomas e o fomento da convivencia entre mozos e mozas de diferentes comunidades.

 

O FORO consiste na divulgación de Traballos de Investigación, e estes traballos serán expostos mediante presentación co apoio tecnolóxico que precise o grupo de alumnas/os participante. A metodoloxía empregada para esta iniciativa promove que ao longo do curso escolar se traballe en equipos, baixo a dirección e acompañamento do profesorado dos centros. Neste Foro presentan os traballos realizados, con actitude crítica e opinións encontradas ao redor da investigación científica, exporán e transmitirán todo o proceso realizado e as problemáticas atopadas no mesmo. Traballan solidariamente nos equipos con compromiso e practicando a cooperación, fomentando este tipo de relacións e de traballo.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *