IDEARIO EDUCATIVO

O conxunto de principios que configuran e promoven o noso modelo de Educación son os seguintes:

  1. Atención personalizada ao alumnado
  2. Renovación Pedagóxica do Centro según as novas realidades: Plurilingüismo, Plataforma digital,Inmersión Lingüística.
  3. Traballo en equipo: somos unha cooperativa de enseñanza que fomenta o valor do cooperativismo.
  4. Participación activa da familia na experiencia educativa dos seus fillos.

No complexo e cambiante mundo en que vivimos os VALORES prioritarios do centro son:

  • Respecto
  • Tolerancia
  • Solidariedade
  • Autonomía

Todos eles levarán a xenerar no alumnado ACTITUDES tan importantes coma a responsabilidade, a curiosidade e a empatía. A través da creación de contornas de aprendizaxe significativas desenvolvemos as habilidades:

  1. Comunicativas ,con especial fomento da expresión oral e a escoita activa
  2. Sociais
  3. Emocionais
  4. Científico/Tecnolóxicas

Finalmente subliñamos que o noso obxectivo xeral será promover unha Educación Integral no alumnado para que desenvolva todas as suas dimensións persoais ,partindo dunha visión educativa activa,creativa e libre.

Non tememos aos cambios; formamos parte deles.