Charla ESO
CHARLA : EXCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICA ROMANAS EN GALICIA
O xoves 15 de xuño o alumnado ESO disfrutou da charla impartida por Adolfo Fernández,antigo alumno do noso centro e actualmente profesor na Facultade de Historia, Universidade de Vigo.Actualmente pertence o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüedade e Territorio (GEAAT)
O longo de unha hora e media explicou as súas principais excavacións arqueolóxicas romanas realizadas en Galicia,Marruecos,Portugal, Corinto, Somalia etc.
Coa súa presentación repasamos a importancia das fábricas de salazón na época do imperio romano,observando nas fotos as cubetas onde se procedía a maceración do peixe con sal e as ánforas do século III e IV d.C .
Por exemplo o profesor Adolfo mostrou vista aérea do castro do Castelo dos Mouros na illa de Ons onde atoparon, utensilios,moedas de bronce e gracias a un sondeo xeofísico detectouse dúas factorías e outras estructuras da industria romana; ademáis conchas de múrices, un molusco utilizado para producir o tinte de cor púrpura.
En Allariz o investigador leva once anos traballando no Xacemento de Armea cidade romana actualmente visitada por 10.000 persoas o ano.
Gracias Adolfo por mostrar o noso alumnado de Secundaria o teu abraiante traballo de investigación, unha aperta e ata a próxima…
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!