Participación das alumnas de 4º ESO Inés Castro e Laura Costas na feira científica “”I giovani e le scienze” en Milán.

16-18 marzo 2019

Os alumnos de Ed. Secundaria foro a A Coruña na primeira semana de marzo para visitar a Casa Museo de Picasso, o Museo de María Pita, facer un percorrido por lugares significativos da cidade e, por último, pasar un rato moi divertido no Domus.

sdr

sdr

sdr

dav

dav

Noraboa aos nosos participantes na Exporecerca Jove de Barcelona e parabéns a Jose, Iago e Abel polo seu premio accésit na Categoría A.

EYP…… Construindo Europa por e para os xóvenes 

Os días 15, 16 e 17 de febreiro alumn@s de 4º ESO participaron na sesión xuvenil rexional de Galicia e Asturias de EYP: organización con espíritu educador encaminada a lidiar coas necesidades da Xuventude Europea.

Durante a fin de semana os rapaces exercitaron o seu pensamento crítico e as súas habilidades políticas e sociais cruciais para o seu futuro profesional e persoal. E todo isto na lingua oficial do Parlamento Europeo: o INGLÉS.

Sen dúbida toda unha intensa e formadora experiencia, noraboa a tod@s, ata o vindeiro ano.

sdr

sdr

sdr

sdr

sdr

sdr

Xa rematamos o ciclo de “Conferencias 2019”. Disfrutamos escoitando os traballos tan orixinais dos nosos compañeiros. Aquí vos deixamos unha pequena mostra!

O día 12 de febreiro os alumnos de Ed. Secundaria recibiron  a visita de tres trabajadoras do Instituto Español de Oceanografía (IEO) que les deron unha interesantísima charla sobre microplásticos como contaminantes do fondo marino.

Esta charla debeuse á conmemoración de “Día Internacional da muller e a nena na ciencia”.

 

Os alumnos de 3º e 4º ESO viaxaron a Altendiez (Alemaña) no mes de novembro e tivemos o pracer de recibir aos nosos amigos alemáns en xaneiro.

III RUTA POR ESPAÑA: CÁCERES, MÉRIDA E SALAMANCA

A primeira viaxe do curso 2017-18 fixémola os días 10,11 e 12 de outubro. Un total de 29 alumnos de 2º,3º e 4º de ESO foron os protagonistas desta ruta polas ciudades de Cáceres, Mérida e Salamanca.

O noso obxectivo é dar a coñecer o noso patrimonio artístico cultural, respetalo e valoralo dun xeito adecuado. O percorrido iniciouse en Cuacos de Yuste onde visitamos o Monasterio de Yuste zona elexida polo Rei Carlos I para o seu retiro. Os rapaces contemplaron con especial curiosidade o sillón que utilizaba o monarca que sufría a enfermidade da gota.

Atravesando o val do Xerte na comarca da Vera chegamos a zona histórica de Cáceres; foi visitada polos alumn@s realizando dous recorridos: diurno e outro nocturno (Torre Bujaco, Arco Estrela, Palacio Veletas, Estatua de San Jorge…).

Emérita Augusta foi o destino elexido para contemplar a vida do imperio Romano en Hispania:

o seu teatro, anfiteatro, casa Mitra,circo,termas e acuedutos todo un descubremento.

O Museo de arte Romano de Mérida, obra do mestre Rafael Moneo ,supuxo o fin da nosa experiencia romana.

E para rematar visita a Salamanca no casco histórico: Praza maior, Catedrais, Portada da Universidade, Casa das cunchas… e tamén tivemos a oportunidade de disfrutar dunha visita guiada polo Museo da Automoción en España.

Esperamos a vosa participación na IV Ruta por ESPAÑA o vindeiro ano,

CAL SERÁ O NOSO NOVO DESTINO?