Artigo do Atlántico Diario: Alborada forma a alumnos que acumulan premios de ciencias

Os alumnos finlandeses visitaron a nosa cidade entre o 19 e o 26 de maio. Aproveitaron para coñecer moitos lugares e costumes galegos: Santiago de Compostela, Illas Cíes, Pazo e xardíns de Castrelos, praia de Samil, Casco vello, O Castro e os seus xacementos arqueolóxicos, fixeron surf en Patos, coñeceron a música e instrumentos de Galicia… e o maís importante, deixaron marca na vida dos nosos alumnos.

Vídeo clase de música

O alumnado de 3º e 4º ESO acompañou aos alumnos de intercambio finlandeses a unha clase de surf en Patos. Velaquí o resultado da xornada tan divertida que viviron.

 

Noraboa ás nosas alumnas Lucía Navarro e Sara Regades polo seu premio “Método científico e proceso de investigación mellor definido” en Galiciencia 2019.

Viaxe a París

12-16 abril de 2019

Educación Secundaria

Hoxe e mañá, dez alumnos e alumnas de ESO do noso cole están a participar na XXIII reunión científica de Extremadura onde se xuntan centros de Extremadura e outras partes de España para expoñer os seus traballos. Aquí tedes algunhas fotos.

 

O venres 5 de abril celébrase a 13ª edición do Spelling Bee Contest organizado por Schoolhouse. Os participantes deste ano son:

Uxía Estévez Otero – 5º EP

Xoán Rodríguez Santalices – 5º EP

Luz Pérez Novoa – 3º ESO

Pablo Vilaboa Vizcaíno – 3º ESO

Moita sorte a todos!

 

 

Os alumnos de 3º e 4º ESO visitaron hoxe a Feria de las enseñanzas artísticas no auditorio Mar de Vigo.