Let´s share our investigation projects with EUROPE!

LINDAU (GERMANY) MOBILITY

Do 4 ao 7 de maio, os alumnos do centro adscritos á actividade de Erasmus+, están levando a cabo de forma virtual a a activide proposta polos nosos socios alemáns.

Neste caso, a actividade consiste en elaborar un proxecto de márketing  baseado nas nosas investigación.

Para máis información, visita o noso site de ciencias.

 

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXE DE DIVERSIDADE FUNCIONAL

Curta “Ni idea”

A curtametraxe “Ni idea” gravada polos alumnos do Aula de E. Especial  do CPR Alborada para a edición 2020, do Festival FicAndaina e que resultou finalista, será  proxectada o vindeiro 17 de Abril 2020 as 18:00h no Multiusos de A Xunqueira (en Redondela).

¡Animarvos a asistir!

sección escolar 2020

 

O xoves 4 de marzo varios alumn@s da aula de 3ºESO participaron na I Olimpiada de Xeografía organizada polo colexio de Xeógrafos de Galicia.

Despois de algunhas incidencias técnicas todos os rapaces e rapazas poideron  participar a través da plataforma webex.

Moitos foron os centros educativos que asistiron a este encontro virtual;os nosos alumn@s pasaron  una mañá moi divertida superando retos xeográficos diferentes a través de: gráficos,fotografías textos,climogramas…

Nos vindeiros días a organización remitirá o noso colexio os diplomas acreditativos de participación.

Despois desta experiencia tan enriquecedora so resta decir : ATA O VINDEIRO ANO XEÓGRAFOS!!

 

O alumnado de 4º de ESO asistiu os días 25 e 26 de febreiro a unhas xornadas de orientación profesional online orientadas á universidade e a formación profesional.

Durante tres meses terán dispoñibles os enlaces para o seu visonado.

Agradecemos á ANPA do noso centro a súa axuda e colaboración para sufragar a actividade.

Velaquí deixamos o calendario de charlas das xornadas: Calendario_JornadasOrientacion

 

Estas son as ordes do Meco para o Entroido 2021:

Ed. infantil e primaria

Ed. secundaria

O pasado venres 18 de decembro os alumnos de 3º da ESO Miguel Duarte Otero e Esther Meseguer Caballero, recibiron o PRIMEIRO PREMIO na categoría de vídeo do concurso organizado polo Faro de Vigo: “Cíes, o paraíso de todos”