O domingo 16 pola mañá, o alumnado do Colexio Alborada volveu participar no Cross Escolar organizado pola Agrupación  Deportiva Castro-San Miguel que este ano celebraba a súa XXV edición.
Noraboa a todos os participantes!
Durante a semana pasada, o alumnado de primaria e 1º e 2º da ESO, estiveron a probar, nas clases de educación física, unha sesión de badminton a cargo do Club Badminton Cies Vigo.
Moitas grazas pola túa colaboración Jorge!

O alumnado de 5º e 6º EP realizou unha visita ao aeroporto de Vigo.

5* y 6* visita o museo “ Naturnova” e o circuito de ed. Vial de O Castro. Actividades organizada pola ANPA.

Durante este derradeiro trimestre os alumnos de Educación Primaria do colexio puideron desfrutar de novas alternativas de ocio durante algúns patios. A través destas propostas intentamos fomentar valores cívicos e xerar espazos nos que todos somos importantes.

O pasado xoves viñeron compañeiras da Asociación San Xerome de A Guarda para ensinarnos a xogar ao deporte da Boccia. Estiveron cos rapaces de 3°, 5° e da aula de Educación Especial. Gustounos moito!

Podedes ver as fotos da actividade no seguinte álbum: https://photos.app.goo.gl/haUkW67hpv2qotZw8

 

 

Dende a aula de Educación Especial do colexio estivemos traballando todo o curso no proxecto “Xogamos polo Mundo”. A través deste aprendimos xogos de moitas partes do mundo así como curiosidades doutros países. Tamén adquirimos novas habilidades e ensinamos a xogar a compañeiros doutras clases para compartir o noso coñecemento dunha maneira lúdica e interesante para todos.