Hoxe visitamos o museo interactivo da nosa cidade, NATURNOVA. Viaxamos polo sistema solar, en submarino polo fondo da ría, observamos o efecto do cambio climático, descubrimos novos ecosistemas…pero o que máis nos gustou foi a caixa de area do mapa isométrico!!
Gracias ANPA por facilitarnos o traslado!
O pasado xoves e venres, 23 e 24 de maio, os alumnos/as de educación infantil e 1º e 2º de primaria fomos ao campamento “Os Fietás”. Neste campamento vivimos e disfrutamos moitas aventuras. Mirade unha mostra do que fixemos!
Os pasados luns, martes e mércores, do 13 ao 15 de maio de 3º a 6º de E. Primaria fomos de campamento á Granxa KIRIKO. Alí vivimos un montón de aventuras.
Este é o noso resumo! Que ben o pasamos!