Saída de 1º e 2º E.P.: Museo do R.C. Celta e Pazo de Castrelos.

O martes, día 28, disfrutamos dunha tarde de manualidades monstruosa. Alumnos e alumnas de 2º,3º,4º,5º e 6º EP estivemos a facer  unha figuriña imantada co este novo material. O mellor foi o bo rato que pasamos todos xuntos en compañía dos monitores Isa e Ángel e descubrir que somos uns artistas co “Jumping Clay”!

Alumnos, alumnas, pais e nais demostraron as súas dotes de grandes corredores no XXIV Cross escolar A.D. Castro-S. Miguel que tivo lugar o pasado domingo, día 27, no parque de Castrelos na nosa cidade.
Cunha ampla participación, oitenta e un corredores, deixamos a nosa pegada no evento e moitas e divertidas esceas que podedes ver no vídeo.
PARABÉNS aos máis peques que recolleron os seus trofeos no podium e a todos os participantes por facelo cunha sorrisa e moita enerxía!

 

Visita ao xacemento arqueolóxico de O Castro – 3º e 4º E.P.

O noso centro participa esta fin de semana na Open Science de Cambre cos seguintes proxectos:

No obradoiro de tintas subvencionado pola ANPA aprendimos moito sobre a comunicación na época da Prehistoria, elaboramos os nosos propios tintes e debuxamos con eles. Mirade como traballamos!

Xa rematamos o proxecto “Padriños de Lectura” dos alumnos de 5ºEP e 5 anos. Foi unha actividade moi positiva e moito máis divertida! Mirade o vídeo da despedida.

 

Os alumnos de 5º e 6º EP asisten a unha charla dos perigos na rede que imparte a Policía.

Gracias á colaboración da ANPA trasladámonos a este museo onde coñecimos unha parte subterránea da nosa cidade, como extraíase a sal na época romana, o valor e o uso que lle daban. Foi unha interesante visita!