Datas de recollida dos libros de venda e fondo e uniformes:
LIBROS DE TEXTO
** EDUCACIÓN INFANTIL
Recollida de libros de venda:
- xoves, 2 setembro de 8,30 a 15,30 h.
- venres, 3 setembro de 8,30 a 15,30 h.
** EDUCACIÓN PRIMARIA
Recollida de libros de venda (1º – 6º EP):
- xoves, 2 setembro de 8,30 a 15,30 h.
- venres, 3 setembro de 8,30 a 15,30 h.
Recollida de libros de fondo (3º – 6º EP):
- xoves, 2 setembro de 8,30 a 15,30 h.
- venres, 3 setembro de 8,30 a 15,30 h.
** EDUCACIÓN SECUNDARIA
Recollida de libros de venda:
- mércores, 8 setembro de 8,30 a 15,30 h
Recollida de libros de fondo:
- luns, 13 setembro de 15,30 a 17,00 h.
- martes, 14 setembro de 15,30 a 17,00 h.
UNIFORMES
** ENTREGA DE RESERVAS
- luns, 30 agosto de 9,30 a 13,30 h.
- martes, 31 agosto de 9,30 a 13,30 h.
** VENDA
- xoves, 2 setembro de 8,30 a 15,30 h.
- venres, 3 setembro de 8,30 a 15,30 h.
Xa están dispoñibles na Secretaría do centro as listaxes PROVISIONAIS da adxudicación dos libros de fondo de Ed. Primaria. Haberá dous días para reclamación e as listaxes DEFINITIVAS publicaranse o mércores 30 de xuño.
As listaxes PROVISIONAIS de Ed. Secundaria estarán dispoñibles a partires do mércores 30 de xuño.
Poden anotarse ás clases extraescolares de inglés a través do seguinte enlace: https://www.schoolhousevigo.com/alborada/
O enlace facilitado na circular enviada a semana pasada da erros. Moitas grazas.
Nos seguintes enlace pode atopar toda a información sobre a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2021-22:
Páxina web da Consellería
Sede electrónica da Xunta de Galicia
Por mor da situación actual, e tal e como recomenda a Consellería, pregamos que fagan as súas solicitudes por vía telemática. En caso de ser que acudir ao centro, deberán reservar cita previa.
Pode descargar os anexos para a solicitude directamente desde aquí.
Estimadas familias:
Lembrámoslles que tal e como figura no calendario escolar do noso centro, o vindeiro martes 18 de maio é día non lectivo de libre designación aprobado polo Consello Escolar.
Un saúdo.
Programa Primavera Activa 2021 (Xunta de Galicia)
Programa completamente de balde para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos durante os fins de semana de maio e xuño no albergue xuvenil de Lugo. Actividades de tecnoloxía, escalada e descubrir Lugo, entre outras.
Cribado covid-19 ao estudantado de secundaria coa colaboración das Oficinas de Farmacia da provincia de Pontevedra
O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra comunica que se está a levar a cabo un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostrar de saliva en población asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia de Pontevedra.
As familias poderán asistir á sua farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.
Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.
Grazas pola sua colaboración.
O vindeiro venres, 26 de marzo, poderán acceder ás calificacións do segundo trimestre a través da aplicación AbalarMóbil