Queridas familias:
Unha vez rematado o tempo de matrícula para as actividades extraescolares e ao non acadar o número mínimo de participantes esixido polas empresas que as realizan, o Colexio Alborada propón como solución para este curso, sendo conscientes dos problemas de conciliación que isto supón, a creación dunha actividade denominada “Clube Alborada” entre as 16:00 e as 17:30 horas de luns a xoves cun custo de 15 euros por familia ao mes independientemente do número de días utilizados e o número de irmáns.

Este servizo estará atendido por un monitor contratado polo centro, alleo ao claustro de profesores. Para facer uso deste servizo e cumprir co protocolo Covid do centro é imprescindible cubrir a INSCRIPCIÓN NO FORMULARIO que se achega a continuación:
https://forms.gle/GpAmBGCoG1hnePEm9

Para o alumnado matriculado na actividade Schoolhouse haberá de balde un servizo de espera optativo antes ou despois das clases.

Poden apuntar aos seus fillos/as ás actividades extraescolares deste curso na seguinte ligazón: https://sites.google.com/albotic.com/actvextraescolares21-22/normas-e-inscripci%C3%B3n

Pode consultar o Plan de adaptación á situación Covid-19 no noso centro para o curso 2021-22 no seguinte ENLACE.

Resumo do protocolo Covid-19 2021-22:

A listaxe de libros de fondo de Ed. Secundaria PROVISIONAL co número de libros adxudicados está dispoñible na Secretaría do centro.

As listases DEFINITIVAS cos libros detallados por materia publicaranse o venres 10 de setembro.

 

As prazas de ambos servizos serán limitadas e adxudicaranse por orde de chegada da solicitude ao centro. A solicitude farase mediante o seguinte formulario: https://forms.gle/2z6Q4c6p94TrU7pM9


Para consultar as listaxes de libros de fondo deben acudir á Secretaría do centro. Esta información non pode ser proporcionada por teléfono. Moitas grazas pola súa comprensión.