ENTREGA DE NOTAS: xoves, 6 de setembro de 8,45 a 10,15 horas.

Os gañadores de Galiciencia 2018 foron recibidos polo Conselleiro de Economía en Santiago de Compostela. Os nosos alumnos Inés Muíñas Román e Óscar Cordero Piñeiro non podían faltar á cita.

Este é o enlace á web da Xunta de Galicia na que se reflicte a noticia: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/31851/conde-sinala-que-galiciencia-contribue-aposta-xunta-polo-talento-por-espertar

Relación de datas para a publicación das listas provisionales e definitivas de fondo solidario de educación primaria e secundaria no noso centro:

  • Listas provisionais de Ed. primaria (3º-6º EP): 2 xullo
  • Listas provisionais de Ed. secundaria (só o número de libros concedidos): 2 xullo
  • Reclamacións: ata o 4 de xullo
  • Listas definitivas de Ed. primaria (3º-6º EP): 20 xullo
  • Listas definitivas de Ed. secundaria: 14 setembro

 

 

O 13 de xuño, catro alumnos de 1º e 2º ESO acompañados por dous mestres viaxaron a Madrid para recoller o  PREMIO do concurso ESDELIBRO.ES organizado por CEDRO.

Realizaron un proxecto de investigación sobre a clasificación e diagnóstico dos plásticos recollidos na praia de Vilariño que podedes ver no noso blog de ciencias.

Disfrutaron dunha experiencia única na Real Academia da Lengua Española rodeados doutros cinco equipos de colexios de toda España  e comprenderon a importancia do esforzo, o traballo en equipo, os dereitos de autor…

Podedes ver o vídeo premendo no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=iIr7nJluy1g


 

Xa está dispoñible a lista de libros 2018-19, xeral e por curso, no apartado “libros de texto” da nosa páxina web.

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Está disponible a lista definitiva de admitidos para o curso 2018-19 na seguinte ligazón.

O noso centro recibiu a visita de Abel Caballero que visitou as instalacións e as exposicións adicadas á celebración do Día do libro.