Os alumnos finlandeses visitaron a nosa cidade entre o 19 e o 26 de maio. Aproveitaron para coñecer moitos lugares e costumes galegos: Santiago de Compostela, Illas Cíes, Pazo e xardíns de Castrelos, praia de Samil, Casco vello, O Castro e os seus xacementos arqueolóxicos, fixeron surf en Patos, coñeceron a música e instrumentos de Galicia… e o maís importante, deixaron marca na vida dos nosos alumnos.

Vídeo clase de música

O alumnado de 3º e 4º ESO acompañou aos alumnos de intercambio finlandeses a unha clase de surf en Patos. Velaquí o resultado da xornada tan divertida que viviron.

 

Un grupo de alumnos de 3º e 4º ESO participou este ano no intercambio que fixemos cun centro finés. A pesares do frío disfrutaron moitísimo da experiencia.

Espoo, Finlandia

19 – 27 xaneiro 2019

Os alumnos de 3º e 4º ESO viaxaron a Altendiez (Alemaña) no mes de novembro e tivemos o pracer de recibir aos nosos amigos alemáns en xaneiro.