Alumnos, alumnas, pais e nais demostraron as súas dotes de grandes corredores no XXIV Cross escolar A.D. Castro-S. Miguel que tivo lugar o pasado domingo, día 27, no parque de Castrelos na nosa cidade.
Cunha ampla participación, oitenta e un corredores, deixamos a nosa pegada no evento e moitas e divertidas esceas que podedes ver no vídeo.
PARABÉNS aos máis peques que recolleron os seus trofeos no podium e a todos os participantes por facelo cunha sorrisa e moita enerxía!

 

Os alumnos de infantil inician a horta escolar coa confección dos petos, o cartel e as ferramentas.

O pasado xoves e venres, 23 e 24 de maio, os alumnos/as de educación infantil e 1º e 2º de primaria fomos ao campamento “Os Fietás”. Neste campamento vivimos e disfrutamos moitas aventuras. Mirade unha mostra do que fixemos!

https://youtu.be/tbsYrGT0cbI