Unha semana máis,  o alumnado de primaria e 1º e 2º da ESO nas clases de educación física, estiveron a probar dunha clase diferente. Tratouse dunha  sesión de Balonmán a cargo do Club Carballal.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
O domingo 16 pola mañá, o alumnado do Colexio Alborada volveu participar no Cross Escolar organizado pola Agrupación  Deportiva Castro-San Miguel que este ano celebraba a súa XXV edición.
Noraboa a todos os participantes!
Durante a semana pasada, o alumnado de primaria e 1º e 2º da ESO, estiveron a probar, nas clases de educación física, unha sesión de badminton a cargo do Club Badminton Cies Vigo.
Moitas grazas pola túa colaboración Jorge!

O alumnado de 5º e 6º EP realizou unha visita ao aeroporto de Vigo.

Ligazón á noticia: AQUÍ

 

 

 

Máis información nos sites das clases de infantil.


5* y 6* visita o museo “ Naturnova” e o circuito de ed. Vial de O Castro. Actividades organizada pola ANPA.