O alumnado de 5º e 6º EP acudiu ao festival internacional de curtametraxes e diversidade andaina FIC ANDAINA.

O pasado martes 18 de abril o alumnado de 3º e 4º ESO visitou a sala Ártika en Vigo para ver a representación teatral dunha gran traxicomedia da nosa Literatura Española: “A Celestina”

A obra publicada no 1502 por Fernando de Rojas narra o romance entre Calixto e Melibea coa intervención da alcahueta mais famosa da historia: Celestina.

Os rapaces e rapazas disfrutaron da actuación dunha soa actriz que con varios monitreques foi quen de desenvolver de xeito espectacular unha gran adaptación da obra mencionada.

Saíron a escena: Calisto, Melibea,Celestina, Pármeno, Sempronio, Pleberio,Alisa,Areúsa…a través dos cales vimos personificados temas como: a codicia, o amor enfermizo e a morte.

Seguro que os 47 alumnos de 3º e 4ºeso recordarán frases como:

“ Melibeo son e a Melibea adoro” 

  ou a que di Celestina: 

“ Son unha vella cal Deus me fixo…si bien o mal vivo

  Deus é testigo do meu corazón “

Sen dúbida todo un pracer para os nosos oídos poder disfrutar de todos os soliloquios e os fermosos diálogos…

Ata outra!

Celebración da semana da prensa 2023

Ciclo de conferencias de Lingua castelá en 1º e 2º ESO.

Xa está no “Recunchiño de Lingua Galega” o novo reto do mes. Moito ánimo coas pesquisas destes refráns!
Tamén tedes a solución ao reto 2 colgado no Site. Moitas grazas pola vosa participación.

O alumnado de 3º e 4º EP participou o xoves 30 de marzo na Reconquistiña. Percorreron varias áreas do Casco Vello e do centro da cidade e remataron a caminatas cunha chocolatada.

Visita á exposición “Emocións en perigo” mais taller de programación en A Fundación.

Durante o mes de marzo, o alumnado de 3º ep participou en dúas sesións do deporte ” Loita Olímipica” nas sesións de educación física pola participación no programa ” Xogade”.

Obradoiro Illas Atlánticas – Ed. Infantil

 

 

O xoves 16 de Marzo o alumnado de 3º e 4º ESO do centro participaron na charla presencial impartida pola científica María Fernández Míguez, bióloga mariña de Vigo.
A Voz de Galicia, a través,de su programa educativo Prensa Escuela e a empresa
Viaqua puxeron en marcha o programa “ A Voz da muller STEM “ co fin de promover
as vocacións científico-tecnolóxicas entre as rapazas.
A charla estivo a cargo de María Fernández que a través dunha presentación mantivo un diálogo sobre a súa vocación como bióloga narrando as vivencias que tuvo en Noruega e noutras zonas do mundo investigando o acuicultivo do bacalao.
Actualmente traballa no Instituto de investigacións Mariñas . O alumnado realizou varias preguntas sobre o traballo da investigación e a experiencia resultou moi enriquecedora … ata o vindeiro curso.
Aquí tedes unhas fotos: