Samaín Educación Primaria- 2019
O martes, día 28, disfrutamos dunha tarde de manualidades monstruosa. Alumnos e alumnas de 2º,3º,4º,5º e 6º EP estivemos a facer unha figuriña imantada co este novo material. O mellor foi o bo rato que pasamos todos xuntos en compañía dos monitores Isa e Ángel e descubrir que somos uns artistas co “Jumping Clay”!
Alumnos, alumnas, pais e nais demostraron as súas dotes de grandes corredores no XXIV Cross escolar A.D. Castro-S. Miguel que tivo lugar o pasado domingo, día 27, no parque de Castrelos na nosa cidade.
Cunha ampla participación, oitenta e un corredores, deixamos a nosa pegada no evento e moitas e divertidas esceas que podedes ver no vídeo.
PARABÉNS aos máis peques que recolleron os seus trofeos no podium e a todos os participantes por facelo cunha sorrisa e moita enerxía!
Xa rematamos o proxecto “Padriños de Lectura” dos alumnos de 5ºEP e 5 anos. Foi unha actividade moi positiva e moito máis divertida! Mirade o vídeo da despedida.
Mirade o vídeo e descubride “Nova Arte”.