Os alumnos finlandeses visitaron a nosa cidade entre o 19 e o 26 de maio. Aproveitaron para coñecer moitos lugares e costumes galegos: Santiago de Compostela, Illas Cíes, Pazo e xardíns de Castrelos, praia de Samil, Casco vello, O Castro e os seus xacementos arqueolóxicos, fixeron surf en Patos, coñeceron a música e instrumentos de […]

O pasado xoves e venres, 23 e 24 de maio, os alumnos/as de educación infantil e 1º e 2º de primaria fomos ao campamento “Os Fietás”. Neste campamento vivimos e disfrutamos moitas aventuras. Mirade unha mostra do que fixemos! https://youtu.be/tbsYrGT0cbI

Hoxe a clase de Sociais impartiuna Hipólito, un voluntario do BBVA colaborador do proxecto “Valores de futuro”. Explicounos como funciona un banco, que é unha conta corrente, como funciona a bolsa de valores, que é o PIB e moito máis porque non paramos de facerlle preguntas. Grazas Hipólito!

O alumnado de 3º e 4º ESO acompañou aos alumnos de intercambio finlandeses a unha clase de surf en Patos. Velaquí o resultado da xornada tan divertida que viviron.  

Falemos como galegos!

Tivemos a gran sorte de que polo día das Letras Galegas visitounos Ledicia Costas, a autora dos nosos libros de este ano da clase de Lingua Galega. Tamén tivemos que compoñer a biografía de Antonio Fraguas buscando a información nos pósters da súa biografía.