“A voz da muller STEM” – 3º e 4º ESO
O xoves 16 de Marzo o alumnado de 3º e 4º ESO do centro participaron na charla presencial impartida pola científica María Fernández Míguez, bióloga mariña de Vigo.
A Voz de Galicia, a través,de su programa educativo Prensa Escuela e a empresa
Viaqua puxeron en marcha o programa “ A Voz da muller STEM “ co fin de promover
as vocacións científico-tecnolóxicas entre as rapazas.
A charla estivo a cargo de María Fernández que a través dunha presentación mantivo un diálogo sobre a súa vocación como bióloga narrando as vivencias que tuvo en Noruega e noutras zonas do mundo investigando o acuicultivo do bacalao.
Actualmente traballa no Instituto de investigacións Mariñas . O alumnado realizou varias preguntas sobre o traballo da investigación e a experiencia resultou moi enriquecedora … ata o vindeiro curso.
Aquí tedes unhas fotos:
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!