Cribado covid-19 ao estudantado de secundaria
Cribado covid-19 ao estudantado de secundaria coa colaboración das Oficinas de Farmacia da provincia de Pontevedra
O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra comunica que se está a levar a cabo un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostrar de saliva en población asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia de Pontevedra.
As familias poderán asistir á sua farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.
Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.
Grazas pola sua colaboración.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!