EDUCACIÓN SECUNDARIA
USO DE APARELLOS ELECTRÓNICOS
O colexio pon a disposición de todo o alumnado as súas liñas telefónicas cando estes precisen poñerse en contacto urxente coas familias ao igual que atenderá as chamadas das familias que precisen transmitir algún recado urxente aos seus fill@s. É por isto que se entende que o contacto telefónico está garantido sempre que sexa necesario, desestimando o uso de teléfonos móbiles, cámaras de fotos, MP3… no recinto escolar e nas saídas.
Queremos fomentar as relacións do alumnado c@s seus/súas compañeir@s e non o illamento que estes aparellos provocan. Calquera destes aparellos que sexa utilizado nestas circunstancias será retirado @ alumn@ ata que @ profesor/a considere axeitado. A principio de curso en 1º ESO, os pais/nais dos alumnos asinarán un documento no que eximirán de toda responsabilidade ao colexio sobre o uso que os alumnos fagan de imaxes obtidas de forma irregular nas saídas de grupo ou no propio centro.
UNIFORME ESCOLAR
Poden consultar o uniforme de cada curso no apartado UNIFORME ESCOLAR desta páxina web.
As medidas c@s alumn@s que reiteradamente incumpran coa norma de acudir ao colexio correctamente uniformados serán as seguintes:
- primeira falta: nota na axenda.
- segunda falta: chamada a casa para que se subsane a falta de uniforme.
- terceira falta. aplicación do regulamento de Réxime Interno no que a falta de uniforme está tipificada como falta leve.
NORMAS NA ENTRADA E NA SAÍDA
Mañás:
O colexio abrirá as súas portas as 8:15h. Unha vez aberto, @s alumn@s deberán permanecer no recinto escolar ata que soe o timbre ás 8,40 h. @s pais/nais non poderán entrar no recinto. @s alumn@s de secundaria entrarán no colexio pola porta designada para este ciclo. A saída farase pola mesma porta.
Tardes:
O colexio abrirá as súas portas as 15,50 h. Unha vez aberto, @s alumn@s deberán permanecer no recinto escolar ata que soe o timbre ás 16:00h. @s alumn@s de secundaria entrarán no colexio pola porta central. A saída farase pola mesma porta.
SANCIÓNS POR IMPUNTUALIDADE
@s alumn@s que acumulen 3 faltas de puntualidade no mesmo trimestre terán que permanecer fóra da aula c@ profesor@ de garda durante a 1ª hora. Esta medida será notificada previamente ás familias.
NORMAS DE EDUCACIÓN FÍSICA
- @s nen@s deben acudir debidamente uniformados ao longo de todo o curso os días que lles corresponda a materia (de setembro a xuño).
- A indumentaria deportiva é a seguinte: o chándal do colexio, a camiseta de manga curta branca do uniforme e o pantalón curto de deporte. O NON facelo deste xeito trae consigo una falta de material e a súa repercusión negativa na cualificación do trimestre.
- Calzado deportivo axeitado (sen plataformas e con boa suxeición do pé).
HIXIENE
Parte da educación corporal d@s rapaces/zas é a adquisición de hábitos de hixiene. É por iso que insistimos en que adquiran o costume de ducharse despois de cada sesión de exercicio. Este hábito trabállase en todos os niveis educativos do centro. Para iso é indispensable que traian muda e neceser para a clase de Educación Física. O tempo adicado ao aseo é de 15 minutos. Aquel@s rapaces/zas que non fagan uso deste tempo para dito hábito deben continuar a actividade física da clase sen que isto supoña castigo nin sanción algunha: simplemente aínda están no horario de clase e a ducha é unha opción voluntaria.
ALIMENTACIÓN
@s nen@s deben realizar un almorzo axeitado (variado e abundante) antes de vir a clase. Hai casos de nen@s que se marean ou están cansos ao longo da mañá por non ter forzas ao non ter almorzado.
NORMAS DE COMEDOR
@s alumn@s de ESO lavarán as mans antes de baixar ao comedor. Evitaránse berros e entrarán no comedor ordenadamente. Durante a comida deberán ser respectuosos cos demais compañeir@s e comerán con educación. Despois de comer lavarán as mans e os dentes e baixarán ao patio non permanecendo nas aulas de ESO. Cando chova non deberán saír dos espazos destinados ao descanso. O incumprimento reiterado destas normas de comportamento conducirá á exclusión deste servizo d@ alumn@ indisciplinado.
NORMAS NAS SAÍDAS
- VESTIMENTA: Nas saídas de media xornada @s alumn@s de 1º e 2º ESO levarán o uniforme. Nas saídas de xornada completa o uso de uniforme non será obrigatorio pero deberán ir vestidos con roupa axeitada para a actividade.
- COMIDA: Nas saídas de xornada completa 2s alumn@s terán que levar a súa propia comida.
- PERMISOS: A principio de curso @s pais/nais d@s alumn@s deberán asinar a autorización para estas actividades. No caso de realizar algunha actividade que precise de permiso especial, este enviaráselle previamente ás familias.
- TEMPO LIBRE: xeralmente, nas saídas de xornada completa, @s alumn@s de secundaria poderán dispor dun tempo sen actividades programadas atendendo sempre ás normas que marquen @s profesor@s.
NORMAS PARA DESENVOLVER TRABALLOS EN EQUIPO POLA TARDE NO COLEXIO
@s alumn@s que asistan ao colexio para realizar algún traballo escolar terán que cumprir as seguintes normas:
- Ter autorización d@ profesor@ responsable de dito traballo.
- Entrar e saír segundo o horario escolar (16,00 – 17,30 h.). Non poderán en ningún caso saír do centro dentro deste horario.
- Deberán cumprir coas normas de comportamento habituais.
AUSENCIA A EXAMES
@s alumn@s que se ausenten a un exame deberán solicitar ao profesor@ da materia correspondente un impreso que deberán devolver asinado pol@ pai ou nai para proceder á repetición da proba de avaliación na data fixada pol@ profeso@r.