Obradoiro de meteoroloxía organizado polo MUNCYT de A Coruña e AEMET.
Explicáronnos  que era un frente frío, como se producía e cales eran as súas consecuencias e participamos nun concurso moi entretido por equipos.

Entrevistamos a Lola Dopico, científica investigadora da UVIGO, interesándonos polos seus proxectos. Explicounos que é a “pega hídrica” e animounos a calcular a nosa pega e buscar solucións para reducila.
Pasamos un rato moi entretido e quedamos con moitas ganas de coñecer máis proxectos da Universidade de Vigo.

Nos seguintes enlace pode atopar toda a información sobre a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2021-22:

Páxina web da Consellería

Sede electrónica da Xunta de Galicia

Por mor da situación actual, e tal e como recomenda a Consellería, pregamos que fagan as súas solicitudes por vía telemática. En caso de ser que acudir ao centro, deberán reservar cita previa.

Pode descargar os anexos para a solicitude directamente desde aquí.

Xela Arias, o ABCdario tamén se escribe con X.

Estimadas familias:

Lembrámoslles que tal e como figura no calendario escolar do noso centro, o vindeiro martes 18 de maio é día non lectivo de libre designación aprobado polo Consello Escolar.

Un saúdo.

 

Let´s share our investigation projects with EUROPE!

LINDAU (GERMANY) MOBILITY

Do 4 ao 7 de maio, os alumnos do centro adscritos á actividade de Erasmus+, están levando a cabo de forma virtual a a activide proposta polos nosos socios alemáns.

Neste caso, a actividade consiste en elaborar un proxecto de márketing  baseado nas nosas investigación.

Para máis información, visita o noso site de ciencias.

 

Programa Primavera Activa 2021 (Xunta de Galicia)

Programa completamente de balde para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos durante os fins de semana de maio e xuño no albergue xuvenil de Lugo. Actividades de tecnoloxía, escalada e descubrir Lugo, entre outras.

Info:Programación Primavera Activa 2021 Albergue Lug 2

Formulario de solicitude