Os alumnos de 5º e 6º EP disfrutaron dunha xornada chea de sorpresas e premios para todos participando na II OPEN CHESS, xornada interescolar de xadrez con varios colexios da cidade.
Actividades de xadrez con membros da ONCE, o cubichess, o xadrez xigante, partidas simultáneas …e un interesante torneo que nos deixou con moitas ganas de repetir para o ano que ven.

Preme neste enlace para ver o vídeo:     Open Chess 19 Alborada

Participación das alumnas de 4º ESO Inés Castro e Laura Costas na feira científica “”I giovani e le scienze” en Milán.

16-18 marzo 2019

Os alumnos de 5º EP dedican o recreo dos xoves a ler cos seus afillados de 5 anos. É un momento moi esperado por ambolos dous cursos e moi entrañable xa que non so fomenta a lectura senon que fortalece a relación entre os maiores e pequenos. Podedes ver máis fotos no blog de Infantil 5 anos.

A nosa alumna de 5º EP Sarah Ricón gañou o concurso de debuxo organizado polo Concello de Vigo con motivo de Vigolandia (Nadal). Sarah recibió o premio da man do alcalde da cidade, Abel Caballero. Parabéns!

 

Os alumnos de Ed. Secundaria foro a A Coruña na primeira semana de marzo para visitar a Casa Museo de Picasso, o Museo de María Pita, facer un percorrido por lugares significativos da cidade e, por último, pasar un rato moi divertido no Domus.

sdr

sdr

sdr

dav

dav

Os alumnos de 5º e 6 EP describiron os traballos que desenvolven as súas nais, debuxáronas e comentamos se había diferenzas cos que desempeñan os seus pais falando da importancia de tratar a unhas e outros como iguais, como profesionais.

Botádelle unha ollada ás fotos do noso Entroido Olímpico premendo no seguinte ENLACE.

Noraboa aos nosos participantes na Exporecerca Jove de Barcelona e parabéns a Jose, Iago e Abel polo seu premio accésit na Categoría A.