Obradoiro de JUMPING CLAY no NADAL
Os alumnos de 6º e 1º ESO disfrutaron xuntos dun ratiño de convivencia e manualidades e crearon un simpático moneco de Nadal.

O Colexio PLURILINGÜE ALBORADA agradece sinceramente a xenerosidade das familias e o esforzo dos alumnos para facer chegar tantos alimentos  ás persoas máis necesitadas. Moitas grazas!

Os nosos expertos cociñeiros prepararon unha pizza de Nadal irresistible e un Papá Noel de froitas moi saudable. Todo aderezado cos seus sorrisos e entusiasmo.

Ata a próxima!

“Gaia” Espectáculo de teatro e danza no teatro García Barbón (Fundación Abanca). Concienciación sobre o deterioro da Terra, cambio climático e medio ambiente.

Poden consultar neste enlace (V Concurso Postal Navideña ANPA) as bases para o concurso de postal de Nadal organizado pola ANPA do noso centro. O prazo de presentación remata o 2 de decembro. Animádevos a participar!

 

Saída de 1º e 2º E.P.: Museo do R.C. Celta e Pazo de Castrelos.

Os alumnos de Secundaria acudiron ao CC Gran Vía a ver a película “Enerxía 3D”.