ENTREGA DE NOTAS: xoves, 6 de setembro de 8,45 a 10,15 horas.

Os gañadores de Galiciencia 2018 foron recibidos polo Conselleiro de Economía en Santiago de Compostela. Os nosos alumnos Inés Muíñas Román e Óscar Cordero Piñeiro non podían faltar á cita.

Este é o enlace á web da Xunta de Galicia na que se reflicte a noticia: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/31851/conde-sinala-que-galiciencia-contribue-aposta-xunta-polo-talento-por-espertar

Relación de datas para a publicación das listas provisionales e definitivas de fondo solidario de educación primaria e secundaria no noso centro:

  • Listas provisionais de Ed. primaria (3º-6º EP): 2 xullo
  • Listas provisionais de Ed. secundaria (só o número de libros concedidos): 2 xullo
  • Reclamacións: ata o 4 de xullo
  • Listas definitivas de Ed. primaria (3º-6º EP): 20 xullo
  • Listas definitivas de Ed. secundaria: 14 setembro

 

 

Os nenos e nenas de Primaria disfrutamos dunha xornada pasada por auga. Os nosos mestres fixéronnos unha Gymkana de xogos de auga para celebrar a chegada do verán e celebrar o fin de curso.
Este foi o resultado.

O 13 de xuño, catro alumnos de 1º e 2º ESO acompañados por dous mestres viaxaron a Madrid para recoller o  PREMIO do concurso ESDELIBRO.ES organizado por CEDRO.

Realizaron un proxecto de investigación sobre a clasificación e diagnóstico dos plásticos recollidos na praia de Vilariño que podedes ver no noso blog de ciencias.

Disfrutaron dunha experiencia única na Real Academia da Lengua Española rodeados doutros cinco equipos de colexios de toda España  e comprenderon a importancia do esforzo, o traballo en equipo, os dereitos de autor…

Podedes ver o vídeo premendo no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=iIr7nJluy1g


 

Xa está dispoñible a lista de libros 2018-19, xeral e por curso, no apartado “libros de texto” da nosa páxina web.