Deixámosvos as bases para participar no concurso da postal de Nadal organizado pola ANPA. Animádevos a participar!

BASES III Concurso Postal Navideña ANPA ALBORADA

NOTA RECTIFICATIVA

 

O vindeiro venres, 10 de novembro, celebraremos o Magosto. Agradecemos a vosa colaboración cun puñadiño de castañas picadas e/ou piñas, ramas, etc.

Moitas grazas!

Semana de celebración do Samaín e Halloween no cole.

III RUTA POR ESPAÑA: CÁCERES, MÉRIDA E SALAMANCA

A primeira viaxe do curso 2017-18 fixémola os días 10,11 e 12 de outubro. Un total de 29 alumnos de 2º,3º e 4º de ESO foron os protagonistas desta ruta polas ciudades de Cáceres, Mérida e Salamanca.

O noso obxectivo é dar a coñecer o noso patrimonio artístico cultural, respetalo e valoralo dun xeito adecuado. O percorrido iniciouse en Cuacos de Yuste onde visitamos o Monasterio de Yuste zona elexida polo Rei Carlos I para o seu retiro. Os rapaces contemplaron con especial curiosidade o sillón que utilizaba o monarca que sufría a enfermidade da gota.

Atravesando o val do Xerte na comarca da Vera chegamos a zona histórica de Cáceres; foi visitada polos alumn@s realizando dous recorridos: diurno e outro nocturno (Torre Bujaco, Arco Estrela, Palacio Veletas, Estatua de San Jorge…).

Emérita Augusta foi o destino elexido para contemplar a vida do imperio Romano en Hispania:

o seu teatro, anfiteatro, casa Mitra,circo,termas e acuedutos todo un descubremento.

O Museo de arte Romano de Mérida, obra do mestre Rafael Moneo ,supuxo o fin da nosa experiencia romana.

E para rematar visita a Salamanca no casco histórico: Praza maior, Catedrais, Portada da Universidade, Casa das cunchas… e tamén tivemos a oportunidade de disfrutar dunha visita guiada polo Museo da Automoción en España.

Esperamos a vosa participación na IV Ruta por ESPAÑA o vindeiro ano,

CAL SERÁ O NOSO NOVO DESTINO?

Pode consultar a oferta de actividades extraescolares do curso 2017-18 no seguinte enlace:

EXTRAESCOLARES 2017-18

Xa está dispoñible a listaxe definitiva do fondo de libros de Educación secundaria. A persona solicitante debe pasar pola Secretaría do centro para firmar o impreso de aceptación entre o luns 11 e o venres 15 de setembro.

Os libros entregaranse aos alumnos o primeiro día de clase.

listaxe DEFINITIVA ESO

Publicación das listaxes provisionais de Ed. Primaria: 5 de xullo

Período de reclamación: do 5 ao 10 de xullo ás 13,30 horas

Publicación das listaxes definitivas de Ed. Primaria: 11 de xullo

Publicación das listaxes provisionais de Ed. Secundaria: 11 de xullo

Publicación das listaxes definitivas de Ed. Secundaria: tras o período de avaliación de setembro

Enlace ás listaxes provisionais de Ed. Primaria

Enlace ás listaxes DEFINITIVAS de Ed. Primaria

Enlace ás listaxes provisionais de Ed. Secundaria