O Colexio Plurilingüe Alborada recibiu unha subvención para a dixitalización de dez aulas de infantil, primaria e secundaria do noso centro, ademais da ampliación de equipamento dunha aula dixital específica no curso 2022-23 e de tres aulas ordinarias no curso 2023-24. Esta subvención repercutirá en 314 alumnos e alumnas de forma directa.
A axuda, financiada pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEU dentro da estratexia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, permitirá aproveitar os recursos tecnolóxicos para a mellora e avance cara unha educación de calidade que se reflicta nos procesos de ensino e aprendizaxe a través da disposición tecnolóxica, posibilitando un desenvolvemento competencial no alumnado que abrangue todas as competencias do currículo e, especialmente, na competencia dixital necesaria para unha integración adecuada na sociedade e no mercado laboral do século XXI.